lunes, 9 de junio de 2014

"HOJAS DE CÁLCULO"

Excel é un tipo de "Hoja de Cálculo" que se emprega moito para facer cálculos simples ou complexos de forma eficiente e rápida; as principales son:
Microsoft ExcelStarOffice CalcOpenCalcCorel Quattro Pro

Aquí poño enlaces de unhas actividades realizadas con EXCEL:
Venta de frutas
Tabla de multiplicar
Precio con IVA
Climograma
Precipitaciones
Factura

lunes, 2 de junio de 2014

Editores de Textos

Os Editores de Textos son unhas ferramentas moi eficaces e útiles que permiten realizar documentos, cartas, textos... e están dentro da OFIMÁTICA: conxunto de técnicas, aplicacións e ferramentas informáticas aplicadas á oficina que optimizan e facilitan os traballos relaccionados.

Os archivos de texto máis estendidos son tres (principalmente): DOC, ODT,PDF

1) DOC: é o archivo de texto orixinario de Microsoft Word (versións anteriores a 2007).
A súa principal vantaxe é que é un formato bastante avanzado pero presenta unha desvantaxe: ao ser un "software propietario" presenta algunhas incompatibilidades (os archivos gardados por versións antigas non poden ser lidos).

2) ODT: é o archivo que crea por defecto Open Office, que posúe licencia libre polo que se pode descargar gratis e legalmente; a desvantaxe principal é que está actualmente quedando obsoleto en comparación con outros editores de textos.

3) PDF: é o archivo deseñado por Adobe e presenta unha clara vantaxe sobre os outros editores de textos:
en calquera equipo que o visualicemos, verase igual e non haberá nin pérdidas de información nin cambios no estilo. Hai programas que só permiten visualizalo e outros cos que se pode modificar.
A súa principal desvantaxe é que non se pode editar.

Aquí vos deixo uns enlaces para que se vexa claramente as diferencias entre os editores de texto anteriores:

Asociación Española de Fútbol, pdf
límites, pdf



viernes, 14 de febrero de 2014

A guerra do Coltán

FAIRPHONE:O Fairphone é un novo teléfono móbil comercializado por unha empresa Holandesa, basado no comercio xusto.

Este teléfono utiliza recursos que a súa extracción non produce conflictos (utiliza estaño e tantalio); respeta a saúde e o benestar dos traballadores que fabrican este móbil (gañan ademáis un salario digno); cunha parte do diñeiro recaudado pola venta destes móbiles axuda a poder reciclar residuos contaminantes....
 
 As especificacións técnicas do Fairphone son:
-Dragontrail vidrio: lixeiro e delgado, moi resistente ao desgaste.
-Chipset de Mediatek 6589M: CPU Cuad-core para conseguir máis velocidade.
-16 GB de memoria interna: música, vídeos, fotos...
-Pantalla QHD: 3,4 pulgadas de pantalla.
-Dual frontal y cámara traseira:  8 MP + 1.3 MP.
-OS Android 4.2 (Jelly Bean)



A GUERRA DO COLTÁN

Fai pouco que escoitei falar desta guerra, pouco coñecida para algúns pero diaria para miles de persoas. Para que a xente tome conciencia sobre esta guerrra, é necesario informarse primeiro.

O conflicto desta guerra Civil no Congo empezou pola loita por tomar o control sobre diversos recursos naturais, como o ouro, os diamantes, o petróleo. Pero agora esta loita non se centra neses materiais, senón no Coltán, un mineral esencial para a fabricación de móbiles, aparellos electrónicos, portátiles... que se encontra principalmente na República Dominicana do Congo.

Cada vez os paises máis desenvolvidfos demandan máis o Coltán para a súa exportación, facendo caso omiso de todas as advertencias e matanzas indiscriminadas que se producen nas minas cada día.


Nesta guerra utilizan como escravos para traballar nas minas á propia poboación da República Dominicana do Congo, e dende o comezo da guerra (1998) ata mediados de 2001 morreron ao redor de 3 millóns de persoas.

Reciclar os mábiles é un traballo que debemos facer todos para:
-"Para reducir o consumo do Coltán
-Para reducir a demanda dos compoñentes dos teléfonos móbiles
-Para reutilizar as terminais
-Para reuilizar todos os elementos sendo respetuosos co medio ambiente
-Para recaudar fondos para contribuir na defensa dos Dereitos Humanos"
-ETC...


                                                                    -Eurekamovil



Fontes de información:

-http://www.es.amnesty.org/colabora/recicla-tu-movil/
-http://www.abc.es/20120616/internacional/abci-guerras-estados-unidos-africa-201206151334.html
-http://www.yorokobu.es/esclavitud/
-http://www.rebelion.org/docs/1328.pdf
-http://www.fairphone.com/
-http://es.wikipedia.org/wiki/Segunda_Guerra_del_Congo


miércoles, 5 de febrero de 2014

FUTURO DO HARDWARE

IMPRESORAS 3D

   Un invento moi revolucionario no ámbito das TIC é a Impresora 3D que permite reproducir con exactitude un obxeto calquera mediante a adicción dun material (esto último faina diferente dos métodos de producción tradicional que se basan na extracción de material sobrante).

   Para reproducir o obxeto a impresora básase nunha copia tridimensional do producto a reproducir.
As impresoras 3D traballan habitualmente con plástico pero hai outras máis avanzadas que poden traballar con  metal, resina líquida, fotopolímeros...

   A lista de usos de estas impresoras é moi longa; poden fabricar dende pezas dentais, implantes, aplicacións aeroespaciales, estatuas, esculturas... Pero esto pode ter inconvenientes porque con esas impresoras, pódense fabricar armas non detectadas.


                                                        (exemplo de impresión en 3D)


                                           
                       http://tienda.impresoras3d.com/index.php?route=product/category&path=25

REALIDADE AUMENTADA

É a combinación da vida real co mundo virtual mediante un proceso informático; grazas a isto, pódese enriquecer a linguaxe visual, engadir informacion visual á existente...
Para probar a realidade aumentada necesítase unha webcam, un monitor e un PC estandar.
Aquí vos deixo uns exemplos sinxelo para poder probar a realidade aumentada; estos que deixo son para móbiles:
    realidade aumentada
    IKEA - realidade aumentada
    Engadget - realidade aumentada

viernes, 31 de enero de 2014

iDiots

OBSOLENCIA PROGRAMADA

A obsolencia programada é a programación do fin da vida útil dun aparello ou un producto; ésta planificouse polo fabricante ou empresa relaccionada co producto, para que despois dun determinado tempo o aparello estrágase para vernos obrigados a comprar un novo.

A obsolencia programada xurdiu ao mesmo tempo que o consumismo e a producción; fabricar aparellos que se destraguen ao certo tempo e promocionar outros novos, dalle a posibilidade ao mercado de que sexa difícil salir de un círculo comprar-tirar-comprar.




TIPOS DE OBSOLENCIA PROGRAMADA, os principais tipos son
-Obsolescencia funcional: é aquela que provoca que calquer producto se estropee despois de un certo tempo de uso. Os métodos que empregan para realizar esta obsolencia son:
                         -encarecer o precio dos recambios para o producto
                         -baterías irremplazables
                         -novas versións que non permitan o uso das anteriores
                         -cambios de estilo
-Obsolescencia de deseño: é aquela que provoca que o producto deixe de ser utilizado pola gran mairía de poboación posto que pasou de moda, xa non é unha novidade.
- Obsolencia tecnolóxica: dase cando o producto queda obsoleto porque a súa tecnoloxía quedou anticuada.



.IDIOTS from BLR_VFX on Vimeo.

        


Neste video dase un claro exemplo de Obselencia Programada. Os robots que compran cegamente os novos teléfonos móbiles, representan á sociedade consumista na que estamos que como no vídeo, compran o máis novo e cando este producto se queda obsoletoou rómpese ao pouco tempo volven a comprar a última novidade (Comprar-Tirar-Comprar). Outra cuestión que aparece reflexada no vídeo son as modas, todas elas pasaxeiras; como no vídeo, as persoas tendemos a imitar o comportamento co que actúa a gran maioría.


Estos son algúns dos enlaces de páxinas que consultei:
http://www.esencialblog.es/la-bombilla-que-lleva-mas-de-100-anos-encendida/
http://telaio.com.mx/somos-obsolescencia-programada/
http://wikidiseno.org/index.php?title=Obsolescencia_programada
http://www.medciencia.com/obsolescencia-programadasemillas-terminator/