lunes, 2 de junio de 2014

Editores de Textos

Os Editores de Textos son unhas ferramentas moi eficaces e útiles que permiten realizar documentos, cartas, textos... e están dentro da OFIMÁTICA: conxunto de técnicas, aplicacións e ferramentas informáticas aplicadas á oficina que optimizan e facilitan os traballos relaccionados.

Os archivos de texto máis estendidos son tres (principalmente): DOC, ODT,PDF

1) DOC: é o archivo de texto orixinario de Microsoft Word (versións anteriores a 2007).
A súa principal vantaxe é que é un formato bastante avanzado pero presenta unha desvantaxe: ao ser un "software propietario" presenta algunhas incompatibilidades (os archivos gardados por versións antigas non poden ser lidos).

2) ODT: é o archivo que crea por defecto Open Office, que posúe licencia libre polo que se pode descargar gratis e legalmente; a desvantaxe principal é que está actualmente quedando obsoleto en comparación con outros editores de textos.

3) PDF: é o archivo deseñado por Adobe e presenta unha clara vantaxe sobre os outros editores de textos:
en calquera equipo que o visualicemos, verase igual e non haberá nin pérdidas de información nin cambios no estilo. Hai programas que só permiten visualizalo e outros cos que se pode modificar.
A súa principal desvantaxe é que non se pode editar.

Aquí vos deixo uns enlaces para que se vexa claramente as diferencias entre os editores de texto anteriores:

Asociación Española de Fútbol, pdf
límites, pdf



No hay comentarios:

Publicar un comentario